A Asociación Xuvenil Amencer organiza un Torneo de Baloncesto polas Letras Galegas

OurenseXa
Nesta ponte escolar das letras galegas a Asociación Xuvenil Amencer organiza diversas actividades de tempo libre educativo dentro do proxecto denominado “A Tope na ponte”
amencer-baloncesto
A Asociación Xuvenil Amencer organiza un Torneo de Baloncesto polas Letras Galegas
14 Maio 2024

A Asociación Xuvenil Amencer organiza, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco e a Concellería de Deportes do Concello de Ourense, un Torneo de  Baloncesto para os rapaces na ponte do Día das Letras Galegas.

A actividade inclúese dentro do programa de Amencer chamado “Portas abertas”, que está destinado aos rapaces e as rapazas da cidade, sen necesidade de ter que ser membros da asociación.

Este campionato realizarase o sábado 18 de maio pola mañá, a partir das 11:00 horas.  O prazo de inscrición rematará o propio sábado unha hora antes, ás 10:00 horas.

0.17356085777283