A Aula de Gaita do campus de Ourense volve esgotar as súas prazas
A aula de música tradicional galega, unha das máis consolidadas no campus de Ourense, volve a esgotar unha ves máis as súas prazas. En total, 13 persoas de dentro e fora da comunidade universitaria formaranse cada xoves neste espazo, cun total de 30 horas de formación nas que aprenderán a total a gaita e tamén contarán con leccións de percusión.
A ula forma parte dos obradoiros organizados pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, con financiamento da Deputación Provincial.
Nas sesións, según explican desde a UVigo, afóndase no coñecemento da percusión e da gaita galega, abordando aspectos como as técnicas de gaita, os tipos de dixitación, o repertorio, a afinación, a ornamentación e outros aspectos da música tradicional. Ademais, sinalan, os seus contidos están enfocados tanto ao alumnado de iniciación como ao de perfeccionamento e nas sesións as e os participantes divídense en grupos atendendo ao seu nivel de coñecementos previos e ao instrumento que tocan, compartindo noutros momentos sesións conxuntas.