A Aula de Teatro do Campus de Ourense recibe un novo premio nacional

A Aula de Teatro do Campus de Ourense vén de recibir un novo premio nacional de Teatro tras alzarse co galardón ao ao mellor elenco e ao mellor espazo escénico entregado pola Federación Española de Teatro Universitario grazas á súa función “Desequilibros”.
Desequilibrios conta con dramaturxia de Fernando Dacosta, director das aulas teatrais do campus, e está inspirada en Alguén voou sobre o niño do cuco, do escritor Ken Kesey. Dende o campus explican que a representación é froito do traballo durante o pasado curso académico do grupo das aulas de teatro do campus de Ourense Maricastaña, o nivel máis avanzado dos tres grupos que conforman estas aulas universitarias
O premio ao mellor elenco recoñece o traballo dos seus membros: Nerea Rodríguez, Carmen Blanco, Miguel Estévez, Marisol Amoeiro, Lola Fernández, Antonio Praza, Gonzalo Otero, Tatiana González, Iria Losada, Nuria Saco, Irene Pérez, Antonio Miranda e Iván Iglesias. Pola súa banda, o galardón ao mellor espazo escénico corresponde a Fernando Dacosta.