A Bola acolle unha sesión de Tai Chi aberta a todas as idades

OurenseXa
Será este venres na Nave de Cacabelos
tai-chi
9 Oct 2025

O Concello de A Bola, a través do Programa de Fomento Deportivo da Deputación de Ourense, organiza unha sesión de Tai Chi destinada a todas as idades. A actividade terá lugar o venres 10 de outubro, a partir das 17:00 horas, na Nave de Cacabelos.

Os interesados poden solicitar máis información ou inscribirse chamando aos teléfonos 988 45 12 93 ou 604 03 79 52. A actividade ofrece unha oportunidade para practicar esta disciplina, que combina movemento, respiración e relaxación, favorecendo o benestar físico e mental.

⚙ Configurar cookies
0.075100898742676