A Bola acollerá a 4ª etapa de “O Gran Camiño”

O Concello da Bola será escenario o venres 17 de abril de 2026 do paso da 4ª etapa de O Gran Camiño, considerada a etapa raíña desta edición, que unirá Xinzo de Limia co alto de Cabeza de Meda.
A carreira percorrerá a estrada OU-300 ao seu paso polo municipio, polo que se implementarán restricións de tráfico e recomendacións de seguridade para garantir o correcto desenvolvemento da proba.
O Concello anima a toda a veciñanza a saír á rúa, apoiar aos ciclistas e gozar dun evento que sitúa a A Bola no mapa deportivo internacional, ofrecendo un día perfecto para vivir o ciclismo moi de preto.