A borrasca Kirk provoca o derrube de parte do tellado dun edificio no centro de Ourense

En torno ás 9.30 horas desta mañá, un forte ruido alertaba aos veciños da rúa Camiño Caneiro, en Ourense, tras desprenderse parte do tellado nun edificio á altura das vías da tren debido aos fortes refachos de vento polo paso da borrasca Kirk.
A policía e os bombeiros acudiron ao lugar do suceso para retirar os restos da estada que quedaron esparexidos polo medio da rúa, que tivo que ser cortada ao tráfico para a realización dos traballos. A zona permanece, polo de agora, precintada para evitar novos danos.
Pese á cantidade de coches aparcados no lugar, no se rexistraron danos materias e persoais.