A Campaña de Agasallo de Libros posta en marcha polo Concello de Ourense remata hoxe
OurenseXa
Os rapaces e as rapazas de Ourense poderán recoller gratis o libro que elixan nunha das 39 librarías participantes durante o día de hoxe
Campaña de Agasallo de Libros, Concello de Ourense
18 Mar 2024
O Concello de Ourense pon fin á campaña de fomento da lectura deste 2024. Os nenos e as nenas menores de 18 anos empadroados na cidade poderán retirar gratuitamente o libro que elixan nunha das 39 librarías participantes, por un importe de ata 20 euros.
Dende o Concello lembran que hoxe é o último día para disfrutar de esta campaña, que comezou o pasado 1 de febreiro que xa fora ampliada debido ao gran éxito que tuvo entre os rapaces e as rapazas de Ourense.