A carreira 'Correndo por Ourense' provocará diversas restriccións de tráfico este domingo

OurenseXa
A carreira ocasionará restricións puntuais do tráfico de vehículos na contorna dos lugares de Mende e Santomé
Parque de Oira
29 Jun 2024

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración,  este domingo, 30 de xuño, da carreira popular 'Trail Oira - Santomé' ocasionará restricións puntuais do tráfico de vehículos na contorna dos lugares de Mende e Santomé. Será entre as 10.00 e as 13.30 horas, e consistirán en desvíos ou restricións puntuais de tráfico coa finalidade de que a carreira se poida desenvolver nas condicións de seguridade necesarias.

O Trail Oira – Santomé está organizado polo Consello Municìpal de Deportes do Concello de Ourense dentro do circuíto de carreiras populares 'Correndo por Ourense 2024'.

A carreira comezará ás 11.00 horas coa categoría de Pitufos, ás 11.05 horas con Sub10 e Sub12 , ás 11.15 horas con Sub14 e Sub16 e ás 11.30 horas coa categoría absoluta, que percorrerán os seguintes puntos da cidade: Oira, pasarela de Oira, pasarela do Río Lonia, Parque da Lonia, Ponte da Lonia, senda fluvial, colexio de Mende, Verea Vella, San Tomé e regreso a Oira polo mesmo itinerario

0.1617739200592