A Carreira da Muller de Ourense conta xa con máis medio millar de persoas inscritas

OurenseXa
A carreira terá lugar o 9 de marzo e o prazo para anotarse estará aberto ata vindeiro día 5
presentacion-carreira-da-muller-ourense-2025
Presentación da Carreira da Muller de Ourense 2025
27 Feb 2025

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu este mércores a presentación oficial da sexta edición da Carreira de Muller de Ourense, que percorrerá as rúas da cidade o domingo, día 9 de marzo, no marco da celebración, o 8M, do Día Internacional da Muller. A concelleira de Igualdade, Noa Rouco, e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira asistiron á presentación da proba, que organiza Club Runmaniak Box001 Ourense coa colaboración do Concello.

Medio millar de corredoras e corredores xa se inscribiron para participar na carreira e o prazo segue aberto até o día 5 de marzo a través da web Sportsmaniacs.

Haberá unha carreira absoluta, de 5 km de lonxitude por un circuíto urbano con saída e meta na Praza Maior, desde as 11.00 horas. Dez minutos antes sairá a carreira inclusiva, de 1 km, para persoas de mobilidade reducida.

A Carreira da Muller é unha proba non competitiva e inclusiva na que as mulleres son as protagonistas. Os seus obxectivos son reivindicar o papel da muller no deporte con motivo do Día da Muller 2024, e fomentar o deporte entre persoas que habitualmente non o practican, a inclusión e a participación da familia no deporte.

A carreira absoluta mantén o percorrido de edicións anteriores: Praza Maior, Avenida de Pontevedra, Desengano, As Burgas, marxe dereita do Barbaña, Avilés de Taramancos, Pardo de Cela, marxe esquerda do Barbaña, Pura e Dora Vázquez, Vila Valencia, Praza de Abastos, As Burgas, Cervantes, Praza da Ferraría, Pelaio, Saco e Arce, Dous de Maio, Hernán Cortés, Praza do Trigo, Cardeal Cisneros, A Unión, Fornos, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e Praza Maior.

A carreira inclusiva de 1 km sairá tamén da Praza Maior e percorrerá as rúas das Tendas, da Paz, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e Praza Maior.

⚙ Configurar cookies
0.3884391784668