A carreira do circuíto Correndo por Ourense requirirá realizar cortes de tráfico no centro da cidade
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico para a celebración, mañá, sábado, 8 de de xuño, da Carreira do Centro do circuíto popular Correndo por Ourense, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense.
A actividade deportiva requirrá pechar ao tráfico de vehículos as rúas polas que discorrerá.Así, desde as 19.30 horas, pecharase ao tráfico a rúa do Paseo, no treito comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro.
Desde as 21.30 horas, pecharase ao tráfico o resto do circuito: Rúa do Paseo, Rúa Concello, Rúa do Progreso, Avenida de Pontevedra, Praza Fonte do Rei, Praza Eugenio Montes e Rúa Lamas Carvajal.
Porén, permitirase a circulación de vehículos polo carril que baixa desde Xoán XXIII até a glorieta de San Rosendo, para continuar pola Rúa Ervedelo.