A carreira popular da Carballeira pechará este domingo o circuito Correndo por Ourense 2025

OurenseXa
Máis de mil corredores participarán na proba, que obrigará a cortar o tráfico en varios puntos da cidade
Correndo por Ourense A Ponte
Correndo por Ourense A Ponte
18 Oct 2025

O circuito de carreiras populares Correndo por Ourense, impulsado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, concluirá a súa edición de 2025 este domingo, 19 de outubro, coa carreira da Carballeira, que contará coa participación de máis de mil persoas.

A proba dará comezo ás 11:00 horas na Praza da Lexión e terá distintas categorías segundo a idade: Pitufos (2018 e posteriores) ás 11:00; Sub10 (2016-2017) e Sub12 (2014-2015) ás 11:05; Sub14 (2012-2013) e Sub16 (2010-2011) ás 11:15; Sub18 (2008-2009) ás 11:30; e absoluta (2007 e anteriores) tamén ás 11:30.

A celebración da carreira provocará cortes e restricións de tráfico en varias rúas da cidade durante a mañá do domingo. A partir das 10:30 horas, media hora antes da saída, pecharanse ao tráfico todas as prazas e vías polas que discorrerá a proba.

O dispositivo da Policía Local establece itinerarios alternativos: o tráfico procedente da rúa Castelo Ramiro desviarase en Filomena Dato en sentido ascendente e en Camiño Curandeiro en sentido descendente; o tráfico da rúa Couto Berredo desviarase na Nacional 525; e o da rúa Salto do Can pecharase na rúa da Rula.

En canto aos autobuses urbanos, a liña 10 “Cabeza de Vaca – Velle” realizará o seu percorrido polas rúas Cabeza de Vaca, Tangaraño e Marcelo Macías en ambos os sentidos desde as 10:30 ata o remate da carreira.

A carreira da Carballeira poñerá así o broche final a un circuito que ao longo do ano reuniu corredores e corredoras de todas as idades en distintas probas pola cidade.

⚙ Configurar cookies
0.070276021957397