A Carreira San Pedro de Rocas regresa a Esgos no mes de xuño para celebrar a súa octava edición

O Concello de Esgos organiza unha nova edición da Carreira San Pedro de Rocas, iunha cita deportiva que terá lugar o 14 de xuño e que incluirá distintas probas de trail e andaina. A iniciativa, xa no calendario deportivo da provincia, logou reunir o ano pasado a 400 participantes e resultou especialmente na modalidade de andaina, que aglutinou a máis da metade dos participantes, con 250 persoas inscritas.
A proba deste no forma parte do Campionato Xunta de Galicia de Trail Running por Clubs, tanto en categoría absoluta como de promoción, así como diferentes competicións provinciais integradas na Copa Deputación de Ourense e nos campionatos provinciais nas categorías absolutas, máster e de formación.
A proba popular contará con dúas distancias: unha carreira longa de 17 quilómetros, con saída ás 11:00 horas, e unha carreira curta de 8,5 quilómetros, que comezará ás 11:30 horas. Xunto a elas, celebraranse tamén dúas modalidades de andaina: unha longa de 17 quilómetros, con saída ás 9:30 horas, e outra curta de 8,5 quilómetros, que sairá ás 10:30 horas.
As inscricións estarán abertas ata as 23:59 horas do xoves 11 de xuño de 2026. O prezo é de 19 euros para as carreiras e de 12 euros para as andainas.