A Comisión Executiva Municipal do PSdeG de Ourense arranca 2026 coa vista posta na defensa da memoria democrática

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar a súa primeira reunión de 2026, un encontro que serviu para planificar a actividade do partido para os vindeiros meses e que abranguerá dende a Memoria Democrática, cun acto para conmemorar o 45 Aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, ata unha nova edición de Conversas na Casa do Pobo, que terá lugar nas vindeiras semanas.
Na xuntanza, a secretaria xeral da Agrupación Local, Natalia González Benéitez asegurou que entre os principais obxectivos para este ano está “reafirmar que a Cultura e a Memoria Democrática non son elementos accesorios ou oportunistas para nós, senón piares fundamentais do noso proxecto como levamos amosado nestes últimos anos na cidade”. So, explicou a tamén voceira no Concello de Ourense, “ferramentas para fortalecer a conciencia colectiva, construír cidadanía crítica e para defender os valores de liberdade, igualdade e xustiza social que definen ao socialismo”.