A compañía "Teatro del Barrio" aterriza en Ourense este domingo
Ourense está a celebrar, dende o pasado xoves 11 de abril, a vixésimo novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu 2024), que se extenderá ata o 9 de maio e que contará con máis dunha vintena de espectáculos de teatro, música e danza.
O turno deste domingo, 14 de abril, é para a xa ben coñecida compañía "Teatro del Barrio", que trae ao Teatro Principal de Ourense a peza "Retrato de un joven capitalista español". A obra, escrita, dirixida e protagonizada por Alberto San Juan, terá lugar ás 19.00 horas da tarde.
Sinopse
“Teño o meu diñeiro nun dos bancos máis importantes deste país, que é un banco que especula con alimentos. Entre outras actividades. Hai unhas semanas estivemos a cear xuntos un grupo de amigos e pasamos a velada falando das inxustizas que están a ocorrer. Cando trouxeron a conta, cada un sacou a súa tarxeta dalgúns dos bancos máis importantes deste país, que son bancos que especulan con alimentos, botan á xente das súas casas ou comercian con armas prohibidas. (…) Sei que vivo nunha sociedade inxusta ata a crueldade. E quero que cambie. Pero non se se estou disposto a arriscarme a perder no intento todo o que teño. Quero conservar a miña fama, a miña cotización comercial, as miñas propiedades. Estou a falar en serio. Son un mozo capitalista español”.