A concelleira de Educación recibe ao alumnado participante no Intercambio educativo Eurofrance

OurenseXa
O IES A Laboral acolle estudantes das rexións francesas da Bretaña e de Lorraine
tamara_silva_visita_intercambio
A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibe ao alumnado participante no Intercambio educativo Eurofrance
16 Abr 2024

A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiu esta mañá no Salón de Plenos o alumnado francés participante no intercambio educativo Eurofrance, que estes días comparte domicilio co alumnado do IES A Laboral.

Os grupos que forman parte do intercambio educativo son dous: un, cinco mozos e mozas procedente da rexión de Lorraine, que compartirá un mes co alumnado ourensán e o outro de 20 estudantes procedentes da cidade de Redon, na Bretaña francesa, que convivirá coas familias durante unha semana.

A continuación fixeron unha visita guiada polo Centro Histórico da cidade acompañados por un guía profesional da Oficina municipal de Turismo.

0.16026496887207