A Concellería de Deportes de Barbadás organiza unha masterclass nocturna de ioga

O venres 20 de xuño, ás 23:00 horas, o campo municipal de fútbol dos Carrís acollerá unha masterclass nocturna de ioga organizada pola Concellería de Deportes de Barbadás. A actividade será de balde e está aberta a toda a veciñanza.
O número de esterillas dispoñibles no polideportivo é limitado, segundo informan dende a organización, polo que se recomenda acudir con esterilla propia. Para máis información, pode contactarse co número 988 263 519.