A Concellería de Educación inicia un ciclo de obradoiros de confección de compadres e comadres nos colexios da cidade

OurenseXa
As tradicionais loitas terán lugar ás 11.00 h na Praza Maior o día 1 de febreiro, xoves de compadres e o 8 de febreiro, xoves de comadres.
Casa_do_Concello_Ourense
29 Jan 2024

A Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciou esta mañá un ciclo de obradoiros de confección de compadres e comadres nos centros educativos da cidade, nos que participarán un total de 458 escolares. A concelleira de Educación, Tamara Silva, asistiu esta mañá á primeira das sesións, que tivo lugar no Colexio Maristas.

As tradicionais loitas terán lugar ás 11.00 h na Praza Maior o día 1 de febreiro, xoves de compadres e o 8 de febreiro, xoves de comadres.

0.18420720100403