A Concellería de Igualdade iniciará en febreiro unha nova edición do proxecto Convívere

OurenseXa
O obxectivo deste proxecto é traballar por unha sociedade máis igualitaria onde se poña en valor o coidado e o cultivo da diversidade, sinalan dende o Concello.
proxecto_convivere_concelleria_igualdade_concello_ourense
17 Jan 2024

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense iniciará en febreiro unha nova edición do proxecto Convívere, que amplía a súa oferta de actividades logo da boa aceptación coa que contou o ano pasado. Co lema Coexisten os obxectos, as persoas conviven!, ofrecerá unha serie de obradoiros con periodicidade quincenal, con temática diversa e unha finalidade común: achegar ideas sobre o feito de sermos humanos que poidan axudar ao entendemento, tanto persoal como colectivo.

Dende o Concello apuntan que o obxectivo deste proxecto é traballar por unha sociedade máis igualitaria onde se poña en valor o coidado e o cultivo da diversidade, se favorezan contextos para que cada persoa sexa a mellor versión de si mesma e se garanta a igualdade como dereito básico.

Os obradoiros van dirixidos a persoas adultas e desenvolveranse de 17 a 20 h nas dependencias da Concellería de Igualdade (na rúa do Ensino, 24). Cada mes abordarase unha temática concreta, sendo algúns dos obradoiros exclusivos para mulleres e outros mixtos.

· Mes de febreiro e o amor (mixto)

Día 7: Pensar o amor, a cargo de Ana Pérez Cardoso, educadora do Centro de Información Municipal ás Mulleres, CIMM.

· Mes de marzo e as mulleres (para mulleres)

Día 6: Pensar(nos) mulleres: Ana Pérez Cardoso.

· Mes de abril e as sexualidades (mulleres)

Día 3: Pensar a sexualidade: Ana Pérez Cardoso

Día 17: Vivir a sexualidade: Berta Vega Villaamil, terapeuta do Reencontro.

· Mes de maio e as parellas (mixto)

Día 8: Pensar a parella: Ana Pérez Cardoso

Día 22: Vivir a parella: Nuria Sotelo, bailarina e sexóloga.

· Mes de xuño e a diversidade (mixto)

Día 5: Pensar a diversidade: Ana Pérez Cardoso

Día 19: Vivir a diversidade: Bea Fernández, psicóloga e sexóloga.

As persoas interesadas poden inscribirse até o día 22 de xaneiro, na Concellería de Igualdade, por teléfono (988393191) ou por correo electrónico concelleriamuller@ourense.es. Poderán anotarse ao proxecto completo ou por meses soltos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18085408210754