A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil inicia os traballos de conservación no regato de Alongos

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación. Esta semana inician as actuacións programadas no río Limia e no regato de Alongos, ao seu paso polos municipios ourensáns de Xinzo de Limia e Toén.
Así mesmo, continúan os traballos no río Bidueiro en Rairiz de Veiga. Estas actuacións mellorarán a capacidade hidráulica dos cauces evitando os obstáculos ao paso da auga.
As actuacións consisten basicamente na retirada de árbores secas, caídas ou con estabilidade comprometida e na eliminación de elementos arrastrados pola corrente que obstruen o leito.
Os traballos a realizar no tramo urbano de Xinzo de Limia executarase en 2 fases. Agora levarase a cabo a 1ª fase, que consiste na tala, troceado, apilado e retirada das árbores secas en pé con risco de caída sobre o dominio público hidráulico e a zona de servidumbre.
Ademais, procederase á retirada por arranque, co sistema radicular incluído, dos exemplares illados da especie exótica invasora Cortaderia selloana (plumero), que, unha vez arrincados, se deixarán secar co sistema radicular ao aire e os talos florais introduciranse en bolsas herméticas para evitar a dispersión das sementes.
Na fase 2, que se desenvolverá en época estival, debido á necesidade de traballar con baixos calados, procederase á retirada dos brotes de sauce no dominio público hidráulico que diminuíren a capacidade de desauga do cauce. Para iso, procederase á corta e posterior destoconado dos exemplares e/ou cepas que nacen no leito do cauce e inflúen considerablemente no bloqueo de fluxos de sólidos.
Non se destoconarán árbores que nacen en taludes laterais para manter a súa función de estabilización dos mesmos.
A inversión estimada ao finalizar as actuacións enumeradas superará os 140.000 euros.