A contratación do alumeado de Nadal de 2024 queda fora do Pleno Extraordinario do Concello de Ourense

OurenseXa
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, retirou a cuestión da orden do día co apoio dos populares para sometela a próximas modificacións
Alumeado de Nadal, Concello de Ourense
Alumeado de Nadal, Concello de Ourense
18 Jun 2024

A licitación do alumnado de Nadal 2024/2025 era unha das cuestións a tratar no Pleno Extraordinario do Concello de Ourense celebrado este martes, 18 de xuño.

A cuestión, sen embargo, quedaba fora do debate logo de que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, decidise retirala co apoio do grupo municipal popular para sometela a modificacións.

O Concello de Ourense, que todavía ten sen pagar as luces de Nadal do ano 2023, cunha débeda que ronda os 600.000 euros, pretendía  iniciar os trámites para a contratación do novo alumeado. Unha situación que suscitou numerosas críticas desde a oposición.

Os populares recriminan ao goberno municipal que non prorrogase o contrato de 2023, mentres que os socialistas acusaron directamente ao concello de non ten fondos para sufragar o gasto, unha cuestión que Pérez Jácome nega rotundamente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19133591651917