A Deputación agradece a Mario Rodríguez a súa labor fronte á alcaldía de Esgos durante 14 anos

OurenseXa
Rodríguez anunciou a pasada semana a súa retirada voluntaria á fronte da alcaldía e será substituído do cargo por José Antonio Blanco, que será investido este venres
jose-antonio-blanco-luis-menor-mario-rodriguez
José Antonio Blanco, Luis Menor e Mario Rodríguez
4 Jun 2025

O presidente provincial, Luis Menor, agradeucelle esta mañá a Mario Rodríguez os servizos prestados como alcalde de Esgos desde hai 14 anos. “Un alcalde referente e imbatido”, poñendo en valor tamén a súa retirada, de xeito “tranquilo e ordenado”. Ademais de destacar a súa valía política, enxalzou “a súa bonhomía como persoa e como compañeiro” e sinalou que José Antonio Blanco, o seu sucesor, “ten a sorte de contar ao seu carón cunha persoa que sempre estará aí en favor de Esgos”.

Menor tamén deulle a benvida ao que será o novo rexedor de Esgos, quen será investido alcalde este venres logo dunha longa traxectoria de 26 anos en política local como concelleiro e tenente alcalde, sendo peza fundamental dos sucesivos gobernos “dentro dun equipo leal que sempre traballou en favor do municipio e do Partido Popular”. Ademais, amosou o seu convencemento de que José Antonio Blanco “fará un gran labor á fronte do Concello de Esgos”.

Mario Rodríguez, con 46 de experiencia política, agradeceu o apoio constante do PP en todos os anos que estivo á fronte do concello e recalcou que “o máis importante no noso partido é a unión e o traballo conxunto”, amosando o seu agradecemento cara o presidente provincial, Luis Menor polo apoio recibido.

“O máis grande ao que pode aspirar un político é ser alcalde do seu pobo e espero estar á altura dos meus predecesores”, recalcou entre tanto José Antonio Blanco Pérez, quen agradeceu a Mario Rodríguez e a Luis Menor o seu apoio neste momento de transición. 

O presidente provincial, Luis Menor, agradécelle a Mario Rodríguez os servizos prestados como alcalde de Esgos desde hai 14 anos, “un alcalde referente e imbatido”, poñendo en valor tamén a súa retirada, de xeito “tranquilo e ordenado”. Ademais de destacar a súa valía política, enxalzou “a súa bonhomía como persoa e como compañeiro” e sinalou que José Antonio Blanco, o seu sucesor, “ten a sorte de contar ao seu carón cunha persoa que sempre estará aí en favor de Esgos”.

Menor tamén deulle a benvida ao que será o novo rexedor de Esgos, quen será investido alcalde este venres logo dunha longa traxectoria de 26 anos en política local como concelleiro e tenente alcalde, sendo peza fundamental dos sucesivos gobernos “dentro dun equipo leal que sempre traballou en favor do municipio e do Partido Popular”. Ademais, amosou o seu convencemento de que José Antonio Blanco “fará un gran labor á fronte do Concello de Esgos”.

Mario Rodríguez, con 46 de experiencia política, agradeceu o apoio constante do PP en todos os anos que estivo á fronte do concello e recalcou que “o máis importante no noso partido é a unión e o traballo conxunto”, amosando o seu agradecemento cara o presidente provincial, Luis Menor polo apoio recibido.

“O máis grande ao que pode aspirar un político é ser alcalde do seu pobo e espero estar á altura dos meus predecesores”, recalcou entre tanto José Antonio Blanco Pérez, quen agradeceu a Mario Rodríguez e a Luis Menor o seu apoio neste momento de transición. 

⚙ Configurar cookies
0.16942310333252