A Deputación de Ourense aumenta un 25 % as axudas para deportistas individuais

OurenseXa
Este ano, o orzamento total ascende a 50.000 euros
Deporte-monforte-axudas
23 Jan 2026

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases da convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense destinadas a deportistas ourensáns que compiten en modalidades individuais para a tempada 2024-2025.

Este ano, o orzamento total ascende a 50.000 euros, o que supón un incremento do 25 % respecto ao exercicio anterior, cando a partida foi de 40.000 euros. Esta subida forma parte dunha política continuada da Deputación, que acumulou un aumento do 66,67 % desde o inicio do actual mandato.

Poden solicitar estas axudas deportistas federados de todas as categorías, desde as base ata a absoluta, sempre que estean vinculados a clubs da provincia ou sexan deportistas ourensáns en modalidades nas que non existan clubs acordes ao seu nivel.
O prazo para presentar as solicitudes abrirase tras a publicación do anuncio na Base de Datos Nacional de Subvencións e permanecerá aberto ata o 27 de febreiro de 2026.

Con esta iniciativa, a Deputación busca impulsar o deporte na provincia, apoiar o esforzo e o talento dos deportistas e fomentar hábitos de vida saudables, ao mesmo tempo que promove a proxección de Ourense a través do deporte.

⚙ Configurar cookies
0.10832214355469