A Deputación de Ourense lanza unha guía completa dos Entroidos da provincia

GaliciaXa | OurenseXa
A institución pon a disposición de toda a cidadanía o Programa Provincial do Entroido 2026, que recompila máis de 350 actos previstos en arredor de 65 localidades de 39 concellos ourensáns
pantalla-entroido-xinzo
Felos de Maceda
4 Feb 2026

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, edita un ano máis o Programa Provincial do Entroido 2026, unha guía completa que será distribuída en locais de hostalería e oficinas de Turismo de toda a provincia.

A instrución provincial comezou a editar esta guía no ano 2017 para promocionar esta celebración etnográfica entre a veciñanza e os visitantes. Na de este ano, recompílanse os máis de 350 actos previstos en máis de 65 localidades de 39 concellos da provincia, a celebrar entre o 7 e o 22 de febreiro.

En total en Galicia existen once entroidos declarados Festa de Interese Turístico, dos cales sete están en Ourense. Así, os máis destacados son o de Xinzo, que conta tamén co distintivo de Interese Turístico Internacional, o de Verín, de Interese Turístico Nacional, os de Maceda e Laza, de Interese Turístico Galego e, por último, os Entroidos do Oriente ourensán – Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso – recentemente declarados Festa de Interese Nacional.

Ademais, desta guía, que se pode consultar tanto en formato físico como dixital na web do Inorde, a Deputación abriu tamén o Museo Galego do Entroido, que se poderá visitar previsiblemente até o mes de xuño.

Cartel programa entroido provincial 2026 (1)
⚙ Configurar cookies
0.084490060806274