A Deputación estrea en Fitur a campaña “Ourense Termal. Nunca deixes de soñar”

OurenseXa
O obxectivo é posicionar a Ourense como destino de calidade no ámbito nacional para aqueles viaxeiros que apostan por un estilo de vida saudable, mediante experiencias termais en paraxes naturais ou tratamentos terapéuticos nos balnearios.
Fitur_Ourense_Termal_presentacion
24 Jan 2024
A Deputación de Ourense estreou en Fitur 2024 a campaña “Ourense Termal. Nunca Deixes de Soñar” que foi concibida no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal. O obxectivo é posicionar a Ourense como destino de calidade no ámbito nacional para aqueles viaxeiros que apostan por un estilo de vida saudable.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, foi o encargado de presentar esta campaña, acto ao que acudiu o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, unha representante da Secretaria de Estado de Turismo e a modelo Nieves Álvarez, que participa nesta campaña.
Luis Menor destacou que se evocan “experiencias sostibles que se poden gozar ao longo e ancho da provincia” á vez que “pon en valor uno dos nosos sectores estratéxicos que é a industria téxtil”. Nesta campaña, a modelo española Nieves Álvarez mostra a experiencia dun estilo de vida saudable que fusiona o benestar, a natureza e a gastronomía de calidade.
Durante a presentación, Nieves Álvarez destacou a gran sorpresa que lle supuxo coñecer esta provincia: “un gran descubrimento a tan só dúas horas e cuarto de Madrid”. “Nunca deixes de soñar” integra os principais recursos cabeceira de Ourense como destino de calidade para atraer visitantes: enogastronomía, patrimonio, natureza, e por suposto, termalismo, como gran factor diferencial que convida a vivir unha experiencia saudable, explicou Luis Menor. Tamén destacou que esta campaña “capta e transmite a esencia do noso destino co fin de descubrir e compartir a autenticidade que envolve os enclaves turísticos proxectados”.

Experiencias sostibles

A campaña evoca unha serie de experiencias sostibles na provincia que combinan a estancia en hoteis e aloxamentos singulares e a inmersión en augas mineromedicinales, xa sexa nos balnearios de Arnoia, Laias, Caldas de Partovia ou Carballiño, Cortegada e as Termas de Prexigueiro ou Cenlle na comarca do Ribeiro, o balneario de Lobios e as termas desta localidade e da próxima de Bande, na contorna do Parque Natural da Baixa Limia, ou as augas minerais de bebida que se poden tomar a pé de manancial na comarca de Verín, como é o caso do histórico manancial de Cabreiroá ou Requeixo en Vilaza (Monterrei) e a histórica fonte de Baños de Molgas.
Unha destas experiencias sostibles, que se impulsaron tamén no marco do Plan, é a navegación en augas interiores nos denominados “ecobarcos”, pequenas embarcacións eléctricas de ata 8 prazas que se poden reservar de forma individual ou en grupo. A gastronomía sostible é outro dos piares da oferta de “Ourense Termal”, onde se pode degustar a cociña tradicional que ofrece elaboracións icónicas como o “polbo a feira”, pero tamén pratos gourmet en establecementos distinguidos con “estrelas Michelín” ou “soles Repsol” entre un amplo abanico de posibilidades culinarias.
Esta gastronomía baseada en produtos de proximidade está protagonizada tamén polos viños das catro denominacións de orixe ourensás. A cultura vitivinícola está intimamente ligada ás comarcas termais do Ribeiro ou Monterrei, onde se poden visitar adegas para vivir o enoturismo e profundar nas súas variedades autóctonas.
A campaña estreada hoxe en Fitur tamén rende homenaxe a outro dos sectores estratéxicos e punteiros na economía ourensá como é o téxtil, xa que a modelo loce deseños de Roberto Verino, Purificación García e Adolfo Domínguez, integrados de maneira harmoniosa coas distintas localizacións e poñendo en valor outro dos atractivos do destino “Ourense Termal”.

Localizacións e información para organizar unha viaxe de benestar

Para coñecer máis a fondo os enclaves de Ourense, a provincia termal, a Deputación de Ourense creou a Oficina Virtual de Turismo e Termalismo e a campaña “Nunca deixes de Soñar” conta cunha páxina dixital (nuncadejesdesoñar.depourense.es) onde se describen as localizacións e existe información sobre diferentes alternativas para organizar unha viaxe de benestar Transformación competitiva dos 15 municipios termais rurais de Ourense O Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal, que executa a Deputación de Ourense mediante un convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, busca a transformación competitiva dos 15 municipios termais rurais da provincia a través do investimento de máis de 3 millóns de euros no territorio.
0.17322015762329