A Deputación recibe ao equipo júnior mixto do Club Ximnasia Pavillón Ourense tras lograr un ouro internacional en Bulgaria

OurenseXa
O conxunto ourensán logrou nesta competición un éxito histórico para a provincia, nunha competición internacional á que acudía por primeira vez
dep-ourense-recepcion-club-ximnasia-pavillon
2 Dec 2025

O presidente da Deputación de Ourense recibiu no Pazo Provincial ao equipo júnior mixto do Club Ximnasia Pavillón Ourense, que acaba de lograr un éxito histórico para a provincia: a medalla de ouro na 17th Academic Cup / IFAGG Trophy, celebrada en Bulgaria, nunha competición internacional á que acudían por primeira vez.

O conxunto ourensán destacou dende o primeiro momento, mantendo un nivel constante e consolidando a súa posición até acadar coa suma das notas finais o ouro internacional.
Ao acto asistiron os oito membros do equipo gañador, xunto coa presidenta do club, Carmen Blanco, e a adestradora, Raquel Dafonte, que resaltaron que este triunfo “é froito de moito traballo, esforzo, adestramentos de tres horas diarias e de marcarse obxectivos”.

O presidente da Deputación felicitou o club polo compromiso e o talento demostrado, que poñen a Ourense “no mapa deportivo mesmo mundial”. Destacou ademais que a provincia “pode presumir de importantes resultados deportivos en moitas disciplinas”.

⚙ Configurar cookies
0.080523014068604