A Deputación reforza a cooperación con Expourense
O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha entrevista de traballo co director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, entidade de referencia na organización de eventos feirais de categoría e renome para a provincia como poden ser Termatalia, Xantar ou Funergal, entre outras moitas.
Dado que se trata dunha instalación versátil, que alberga unha intensa actividade feiral e que acolle tamén a mellor pista cuberta do noroeste de España, “falamos de continuar con esta colaboración institucional na organización de accións e no financiamento das melloras que esta instalación precisa ao longo do ano para o seu óptimo mantemento. Desde a Deputación contribuiremos sempre a que ese recinto esté sempre nas mellores condicións”, explicou Luis Menor ao remate da reunión.