A Deputación reforza o seu apoio ao COB e aposta pola colaboración coa súa área social

OurenseXa
Durante un encontro entre o presidente provincial e a nova xunta directiva do club tamén se tratou o obxectivo do COB de regresar á ACB
deputacion-reunion-cob
4 Aug 2025

Na xuntanza participaron o novo presidente do COB, Diego González Regueira, o adestrador, Moncho López Suárez, e os membros da directiva Gonzalo Iglesias e Jorge Silva. Durante a reunión, repasouse a traxectoria de colaboración entre ambas entidades, que Menor cualificou como “cunha entidade deportiva senlleira na nosa provincia como é o Club Orense Baloncesto”.

Segundo destacou o presidente provincial, “non soamente nos comprometemos a manter esa colaboración, senón que a ampliaremos na medida das nosas posibilidades”. Menor puxo en valor especialmente o labor da área social do club, á que definiu como “unha das mellores, ou quizáis a mellor área social dos clubes da súa categoría”.

Tamén se tratou o obxectivo do club de regresar á ACB, unha aspiración que no pasado non se puido concretar por razóns alleas ao deportivo. Neste sentido, Menor asegurou que o respaldo da Deputación será firme “para satisfacer este anhelo do deporte da canasta que existe na nosa provincia”.

⚙ Configurar cookies
0.16924691200256