A Deputación reparte 450 balóns aos clubs da Copa Deputación de fútbol base

OurenseXa
Nesta tempada participan un total de 232 clubs entre fútbol-8 e fútbol sala, unha cifra que consolida a Copa Deputación como unha das citas máis relevantes do calendario deportivo base na provincia
entrega-balons-copa-deputacion-futbol-ourense
12 Mar 2026

A Deputación de Ourense vén facer entrega dos balóns destinados aos clubs que participan na Copa Deputación de fútbol base, unha iniciativa orientada a impulsar o deporte entre a mocidade e apoiar o labor das entidades deportivas da provincia.

No marco desta colaboración repartíronse un total de 450 balóns entre os equipos inscritos na competición. Deles, 250 están destinados ás categorías de fútbol-8 —alevíns, benxamíns e prebenxamíns—, mentres que os 200 restantes corresponden ás categorías base de fútbol sala, nas que compiten equipos xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamíns.

A distribución do material realizouse en función do número de equipos inscritos por cada club. Nesta tempada participan 123 conxuntos na modalidade de fútbol-8 e 109 en fútbol sala, cifras que consolidan a Copa Deputación como unha das citas máis relevantes do calendario deportivo base na provincia.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado de Deportes, César Fernández, foi o encargado de outorgar estas distinción. Durante o acto, puxo en valor a importancia de apoiar o deporte formativo e destacou que iniciativas deste tipo contribúen a dotar de recursos aos clubs e a promover entre a mocidade valores como o compañeirismo, o esforzo e o traballo en equipo.

0.12203001976013