A deputada Ourensana, Marga Martín, formará parte do Comité Federal do PSOE

OurenseXa
En total, o Comité Federal contará con seis representantes galegos
congreso-federal-psoe-sevilla
2 Dec 2024

A deputada do PSOE no Congreso por Ourense, Marga Martín, foi elixida este domingo para formar parte do Comité Federal do partido tras o Congreso celebrado esta fin de semana.

Ademais dela, a representación galega neste organismo complétase coa elección do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que repetirá como membro da OTAN, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a deputada lucense, Patricia Otero, e a secretaria de Política Institucional do PSdeG-PSOE, Marta Álvarez-Santullano.

Ademais, o senador por Lugo, César Mogo Zaro, estará na Executiva Federal do PSOE como secretario do PSOE Exterior, mentres que Inés Rey, actual alcaldesa da Coruña, repetirá como vicepresidenta da FEMP.

⚙ Configurar cookies
0.13111186027527