A EFF Rosalía alzouse coa Copa Deputación de Ourense tras unha emocionante final

OurenseXa
O conxunto ourensán impúxose ao CD Arenteiro nunha final moi disputada que tivo que resolverse na quenda de penaltis
eff-rosalia-copa-deputacion
EFF Rosalía
2 Jun 2025

O estadio de O Couto foi o escenario este domingo dun encontro para recordar, no que a EFF Rosalía fixo historia ao proclamarse campioa da Copa Deputación de Ourense feminina. O conxunto ourensán impúxose ao CD Arenteiro nunha final moi disputada que tivo que resolverse na quenda de penaltis.

O duelo estivo marcado pola igualdade entre ambos equipos. No segundo tempo, Noa Fernández abriu o marcador para as celestes cun gol que puxo por diante ás de Rosalía. Sen embargo, o CD Arenteiro non tardou en reaccionar e, logo de varias ocasións perigosas, Sara Fernández logrou forzar un penalti que ela mesma transformou, asinando o empate arredor do minuto 65.

Con 1-1 no marcador ao remate do tempo regulamentario, o título decidiuuse desde os once metros. A EFF Rosalía mostrou máis precisión na tanda e selou a vitoria, coroándose campioa da edición 2025 da Copa Deputación.

A entrega de trofeos contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e da directiva da Real Federación Galega de Fútbol, Patricia Doval, que felicitaron a ambos os equipos polo espectáculo ofrecido.

⚙ Configurar cookies
0.19904589653015