Expourense acollerá este sábado o I Meeting Internacional de Atletismo de Ourense
A cidade de Ourense acollerá este sábado, 18 de xaneiro, o I Meeting Internacional de Atletismo de Ourense en pista cuberta Short Truck, que se celebrará na pista cuberta de Expourense. Este evento deportivo reunirá na cidade á elite do atletismo na categoría absoluta, coa participación de deportistas de máis de 16 nacionalidades distintas.
Será o primeiro evento internacional que acolla a pista cuberta de Expourense, que xa foi escenario durante os últimos anos de diferentes campionatos de España nas categorías absoluta, máster, Sub-20 e Sub-16.
Ademais, o pasado 1 de xullo a Federación Española de Atletismo anunciou que Expourense será tamén a sede do Campionato de España de Atletismo na categoría Sub-16 Short Track, que se disputará os días 15 e 16 de marzo.