A Escola de Fútbol Feminio Rosalía disputa o primeiro encontro clave da tempada
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía disputará o primeiro encontro clave da tempada ante a SD Touro o este domingo a partir das 16:00 horas no Municipal de Loxo.
O encontro decidirá as súas opcións de alcanzar praza na fase de ascenso, xa que o seu rival está a tres puntos e unha derrota afastaría o obxectivo da tempada a unha distancia importante. En fronte, un dos cinco equipos invictos no seu feudo, un duelo de altura sen lugar a dúbida.
Ambos os conxuntos chegan ao partido tras empatar na pasada xornada, aínda que con dinámicas diferentes. Na primeira volta, venceron as azuis por 2-0 e desde ese encontro o balance das tourenses é de 11 vitorias, 1 empate e unha derrota cun balance de 55 goles a favor e 13 en contra. Mentres, as pupilas de Alberto Tamayo encadearon 7 vitorias, 3 empates e dúas derrotas con 46 goles a favor e 15 en contra.
Por tanto, a cinco puntos do segundo posto e tres do cuarto, antóllase un encontro clave para seguir na loita polos postos de fase de ascenso.