A Escola Infantil ‘A Casiña’ permanecerá aberta o vindeiro curso

OurenseXa
A Fundación San Rosendo e Cáritas chegaron a un acordo para manter en pé o proxecto educativo
peluches-escola-infantil-a-casiña
7 Apr 2025

A Fundación San Rosendo e Cáritas Ourense anunciaron esta mañá a través dun comunicado a continuación da Escola Infantil ‘A Casiña’, logo de varias semanas de incerteza tras o anuncio de Cáritas de pechar o centro, deixando a decenas de familias sen opcións de conciliación no barrio.

O anuncio producíase o pasado 27 de febreiro, sen previo aviso e cando xa se asinaran as matriculacións para o vindeiro curso. Nun comunicado, Cáritas, entidade encargada da xestión deste centro, alegaba que a razón do peche da escola infantil, a única no barrio, debíase a motivos económicos, xa que, segundo xustifican, levaban varios anos con perdas. Ademais, mencionaban que as razóns estaban vinculadas "ao compromiso ético coa óptima xestión dos recursos económicos da entidade".

Desde a entidade dependente da Diócese de Ourense, explicaban nese momento que “a función coa que se mantiña en marcha este servizo era, historicamente, a de garantir o acceso a unha praza na Escola Infantil e, por tanto, promover a conciliación familiar entre as familias, indistintamente da súa situación económica", afirmando que esta función está cuberta pola gratuidade da educación infantil en Galicia.
Porén, as familias afectadas non deron credibilidade aos motivos expostos e organizaron mobilizacións para pedir á institución que dera marcha atrás na súa decisión.

⚙ Configurar cookies
0.16412591934204