A executiva provincial do PSdeG convoca unha reunión de urxencia ante o comunicado de Pedro Sandez
OurenseXa
Os socialistas convocan para hoxe ás 19.30 horas unha reunión extraordinaria e de urxencia para analizar situación política derivada do comunicado de onte do presidente do Goberno
Executiva provincial do PSOE en Ourense
25 Abr 2024
O PSdeG-PSOE de Ourense vén de convocar con carácter de urxencia unha reunión extraordinaria da Comisión Executiva Provincial (CEP) para esta tarde ás 19:30 horas na sede do partido, co obxectivo de analizar a situación política derivada do comunicado realizado na tarde de onte polo presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez Pérez-Castejón.
As e os socialistas analizarán a actual situación coa finalidade de denunciar o lamazal no que se está convertendo a política española polas prácticas das dereitas. Na reunión da Comisión Executiva Provincial aprobarase un comunicado da CEP en relación á “Carta á Cidadanía” difundida onte polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, que se fará pública no día de mañá.