A Facultade Ciencias Empresariais de Ourense asume a secretaría xeral de Confede

OurenseXa
A Facultade Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense renova na directiva da Conferencia Española de Decanas y Decanos de Economía y Empresa
Confede
28 Maio 2024

A Conferencia Española de Decanas y Decanos de Economía y Empresa (Confede), entidade que reúne a máis de 70 centros oficiais autorizados que imparten ensinanzas universitarias de grao do ámbito da economía e a empresa en España, acaba de renovar a súa directiva. Nela, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense volve a ter un protagonismo destacado asumindo a súa secretaría xeral.

A citada facultade, explican desde a UVigo, está implicada activamente na Confede desde os seus inicios, participou por primeira vez na súa dirección como vogal representante da universidade pública dende 2021 ata 2022, cando pasou a encargarse da súa secretaría xeral (posto que xa ocupara en 2012). Froito desta relación, o pasado mes de novembro o campus de Ourense acolleu a xuntanza desta conferencia de decanas e decanos. Vinculada á Confede, este ano o centro da UVigo tamén asumiu a secretaria xeral da parte de España do Consejo Iberoamericano de Decanos/as de Economía e Empresa (Conidece).

 

0.095950126647949