A Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense recibe o premio 'Gal Ego 2023'

OurenseXa
O distintivo de galeguización Gal Ego 2023 ten como obxectivo incentivar e recoñecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas
Edicificio_ferro_Uvigo_Ourense
Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense
18 Maio 2024

A Universidade de Vigo entrego, con motivo das Letras Galegas, o distintivo de galeguización Gal Ego 2023, que recaeu na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.

O premio foi posto en marcha pola institución este curso académico co obxectivo de incentivar e recoñecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas. Así, a faculdade ourensá convértese na primeira en conseguir este galardón, que supón unha "grandísima honra e orgullo”, tal e como sinalan dende a UVigo.

O decano da facultade, Xosé Manuel Cid, destacou que “o noso país necesita normalización lingüística e cultural e unha facultade de Educación como a nosa ten que responder como debe a esta tarefa” e, por iso, anima ao alumnado universitario “a usar o galego como lingua vehicular alí onde traballedes” e “a sentirse moi orgullosos do que somos e da nosa lingua”.

 

 

 

0.12367391586304