A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu o encontro anual dos membros do GEAAT

OurenseXa
O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio foi nomeado Grupo de Potencial Crecemento 2022-2024 pola Xunta de Galicia
Membros do GEAAT
19 Oct 2024

A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu a celebración do encontro anual dos membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. Nel, persoal investigador das diferentes áreas que o conforman expuxeron resultados, proxectos, estudos e liñas de traballo presentes e futuras, explican desde a UVigo.

Na actualidade, sinala Susana Reboreda, coordinadora do GEAAT, este grupo conta 33 membros (cinco investigadoras e investigadores principais, dous predoutorais e seis posdoutorais; un persoal de apoio e dous contratados, e 17 persoas realizando o doutoramento), aos que se suman colaboracións externas. Elas e eles desenvolven unha intensa actividade científica en diferentes liñas de especialización, maiormente relacionadas co estudo do territorio e os recursos naturais do noroeste peninsular, incluíndo a súa contorna espazo-temporal e tamén as dinámicas de outros territorios vinculados.

Grupo de Potencial Crecemento (2022-2024) pola Xunta de Galicia, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio aproveitou esta xornada para facer balance da actividade destes dous anos de financiamento e valorar as opcións de futuro. “O balance e evolución do GEAAT estes anos é moi positivo”, comenta a súa coordinadora. Mostra destes bos resultados, apunta, está a cantidade e calidade das investigacións que realiza o seu persoal investigador ou o número de teses lidas pero tamén aspectos como “a demanda que temos de investigadoras se investigadores de fóra de Galicia que queren cumprir aquí os seus contratos, como os Juan de la Cierva. Isto é un índice claro de que o grupo está gañando unha imaxe moi boa tamén no exterior”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18461012840271