A FEGAMP presenta en Barbadás a campaña para conmemorar o 25N
OurenseXa
A campaña deste ano leva por lema ‘Que a vergoña cambie de bando’
A FEGAMP presenta en Barbadás a campaña polo 25N
21 Nov 2024
Barbadás acolleu esta mañá a presentación da campaña da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para conmemorar o 25N, Día da Elimininación da Violencia contra a Muller.
Baixo o lema ‘Que a vergoña cambie de bando’, a FEGAMP promove con esta campaña a loita contra a violencia sobre as mulleres en todos os sectores e aspectos da sociedade, a fin de erradicala.
Inspirada nas palabras de Gisele Pelicot, vítima de violencia sexual en Francia, esta mensaxe diríxese aos maltratadores e denuncia todas as formas de violencia machista: física, psicolóxica, sexual e económica.