A Feira de Barbadás amplía a súa oferta

A Feira de Barbadás crece e amplía a súa oferta a partir deste vindeiro mércores, 2 de abril, con novos postos de plantío, roupa, alimentación ou antigüidades. A parti de agora, haberá unha polbeira con carpa durante os días de feira.
A Feira de Barbadás festéxase o día dous de cada mes no Paseo dos Amieiros da Valenzá ata onde se achegan decenas de persoas que agora poderán escoller entre cinco postos máis nos que mercar os seus produtos.