A Feira de Ourense trasládase ao luns 8 e cambia de localización

A tradicional feira de Ourense, que adoita celebrarse o día 7 de cada mes, modificará a súa data en decembro debido a que coincide en domingo. Así, a feira trasládase ao luns 8 de decembro e situarase no Campo da Feira, onde se instalarán tanto o mercado como os postos de comida. Ao día seguinte, martes 9, continuará o mercado nas inmediacións da Praza de Abastos e o Parque Barbaña.
A seguinte feira ordinaria manterase na súa data habitual, o mércores 17 de decembro, sen cambios.
Por outra banda, o mercado de antigüidades, que normalmente ten lugar os primeiros domingos de cada mes na Praza Maior e na rúa Doutor Marañón, celebrará unha edición especial de Nadal o domingo 21 de decembro.