A Fundación Curros Enríquez súmase a unha iniciativa que solicita que Galicia forme parte da UNESCO

OurenseXa
Os asinantes consideran que a exclusión de Galicia como aspirante a membro asociado da UNESCO xunto con Cataluña e Euskadi supón unha discriminación inxustificada
Casa dos Poetas de Celanova
Casa dos Poetas de Celanova
2 Feb 2026

A Fundación Curros Enríquez, presidida polo alcalde de Celanova, decidiu unirse á proposta impulsada por diversas fundacións literarias galegas que buscan que o Goberno de España defenda a inclusión de Galicia como membro asociado da UNESCO. Esta petición plantexase do mesmo xeito que se está facendo para Cataluña e Euskadi, recoñecidas como nacionalidades históricas na Constitución española.

A UNESCO, como organismo das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, representa un espazo clave para o recoñecemento e a promoción das distintas culturas do mundo. Por iso, a Fundación Curros Enríquez apoia a iniciativa promovida por unha decena de entidades culturais galegas, entre as que se atopan a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Rosalía de Castro.

Os asinantes consideran que a exclusión de Galicia como aspirante a membro asociado da UNESCO xunto con Cataluña e Euskadi supón unha discriminación inxustificada, sen razón que xustifique que Galicia non poida beneficiarse desta incorporación. Ademais, fan un chamamento a outras institucións galegas e á cidadanía para que apoien esta reivindicación.

⚙ Configurar cookies
0.067384958267212