A Fundación Marcet establecerá unha das súas sedes en Ourense

OurenseXa
A entidade barcelonesa, recoñecida como unha institución de referencia na formación do fútbol a escala mundial, establecerá en Ourense unha das “estacións orbitais” do seu proxecto
Fundacion_Marcet_Ourense
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e a concelleira de Educación, Tamara Silva xunto ao presidente da Fundación Marcet, José Ignacio Marcet.
22 Feb 2024

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e a concelleira de Educación, Tamara Silva recibiron esta mañá no Concello o presidente da Fundación Marcet, José Ignacio Marcet.

A entidade barcelonesa, recoñecida como unha institución de referencia na formación do fútbol a escala mundial, establecerá en Ourense unha das “estacións orbitais” do seu proxecto, de xeito que grupos de 25 futbolistas menores de idade de diferentes nacionalidades que participan no seu programa formativo, realizarán estadías de 15 días en Ourense, nas instalacións do Seminario. No mes de setembro chegará o primeiro grupo de futbolistas, e cada 15 días irán chegando novos grupos. José Ignacio Marcet trasladoulle ao alcalde a intención da Fundación de seguir estreitando a súa relación coa cidade, a través de diferentes proxectos.

0.18573999404907