A Gramola e Leticia Sabater protagonizan a primeira noite do Entroido de Ourense 2026

Ourense prepárase dar comezo de forma oficial ao Entroido 2026. As celebracións arrancan esta noite a partir das 20:00 horas no Centro histórico onde, coma é habitual, haberá carpas para refuxiarse da chuvia que, segundo as previsións, dará unha tregua a partir do sábado, cando se espera a maior afluencia de xente na capital. Ditas carpas estarán situadas na Praza Maior e na rúa Progreso, onde haberá restricións de aforo, así como na Praza de Santa Eufemia.
O prato forte deste xoves chegará a media noite, cando se subirán o escenario da Praza Maior os dj`s da Gramola, Leticia Sabater, Diego Mirón e Pablo Marques. Antes, ás 23:00 horas, na Praza de Santa Eufemia, haberá unha sesión de música dos 80 con DJ Pancho e DJ Gonzalo.
Ademais, a partir das 20:00 horas, haberá pasarrúas polo centro histórico a cargo da Charanga Felga e a Charanga Calíqueños, mentres que a partir das 23:00 collerán a batuta as Charanga Tattoo e a batucada Vilatuke.
Os festexos provocarán cortes de tráfico no centro histórico, onde se prevén limitacións de circulación debido ás actuacións de DJs na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia, así como polo percorrido de charangas por distintas rúas da zona.
PROGRAMA COMPLETO DEL ENTROIDO DE OURENSE 2026