A II Concentración Solidaria de Vehículos da Peroxa recadou preto de 900 quilos de alimentos
									OurenseXa								
			As doazóns foron entregadas ao Banco de Alimentos de Ourense
 					
					
II Concentración Solidaria de Vehículos, A Peroxa
			
			18 Dec 2024
			
				O pasado domingo, 15 de decembro, tivo lugar na Peroxa a II Concentración Solidaria de Vehículos, que abriu o programa de actividades de Nadal deste concello e que, un ano máis, tivo como obxectivo recadar alimentos para o Banco de Alimentos de Ourense.
Os participantes, para inscribirse, debían facer unha doazón dun mínimo de 5 quilos de alimentos non perecedoiros. A edición de este ano, grazas ao enorme éxito de participación, logrou recoller un total de 890 quilogramos que xa foron entregados ao Banco de Alimentos.