A III Carreira pola Igualdade de Barbadás reunirá a máis de 300 persoas

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Igualdade, presentou oficialmente este mércores a III Carreira pola Igualdade e Contra a Violencia na Valenzá, unha cita reivindicativa xa consolidada na programación do 8M do municipio e que celebrará este domingo 15 de marzo.
A proba conta, que pecha as súas inscricións esta noite, conta xa con máis de 300 persoas, a maioría mulleres. A proba ten, ademais, un carácter inclusivo. As persoas participantes poden facer os 5 kilómetros de percorrido correndo, camiñando, en bicicleta, patín ou mesmo coas mascotas. Ademais, a carreira conta cunha opción inclusiva, de 200 metros de distancia.
Desde o Concello destacan que a proba busca “visibilizar a perspectiva de xénero no deporte e colaborar no desterro de estereotipos femininos e masculinos neste ámbito”. Así o explicou durante a presentación o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, que puxo o foco na fenda salarial existente entre homes e mulleres deportistas, así como na masculinización dos postos directivos en federacións, equipos e clubs. Pola súa banda, Diego López, coordinador do Polideportivo de Barbadás, insistiu en que “non é unha proba competitiva, é participativa e busca concienciar sobre a igualdade a contra a violencia”, polo que está aberta á toda a cidadanía, sen importar a súa condición.