A mellora das estradas municipais en Baños de Molgas suporá un investimento de preto de 130.000 euros
As obras de rexeneración de varias estradas municipais no Concello de Baños de Molgas suma un investimento de preto de 130.000 euros, financiados entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.
As actuacións consistiron na rexeneración do firme en Vilameá e Suatorre, á que destináronse 19.353 euros, e na rexeneración do firme en Vide e Froufe, cun investimento de 47.976 euros, financiado 100% pola Xunta de Galicia a través do Plan de Infraestruturas Rurais.
Ademáis, durante o verán, adxudicárose as obras de mellora de camiños en Alvite, Bouzas, A venda e Xocín cun importe de 35.839 euros, as obras de mellora de camiños municipais en Cardoeiro, Poedo e Baños de Molgas cun importe de 31.572 euros, ambas subvencionadas pola Xunta de Galicia, e a rexeneración de firme en Almoite, Presqueira, Nogueira de Abaixo e San Pedro, cun investimento de 80.000 euros financinacido polo plan CooperOU da Deputación de Ourense.
Desde o Concello aseguran que pese á todos os investimentos destinados á rexeneración das estradas, son moitas as que todavía están en mal estado. Po iso, sinalan, están a relizar bacheos por todo o municipio para axeitalas o mellor posible.