A Merca celebrará o Día do Deporte 2026 o 12 de abril

O Concello da Merca prepara unha xornada deportiva para todas as idades o vindeiro domingo, 12 de abril, coa celebración do Día do Deporte 2026, un evento orientado a fomentar a saúde, a convivencia e os hábitos de vida saudables na localidade.
A programación comezará ás 10:00 horas coa XXVII Cross Popular, de 10 km, cunha inscrición de 10 euros, e coa XVI Andaina, tamén de 10 km, con un custo de 5 euros por participante. Ás 11:30 horas terá lugar a II Xincana Infantil, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
O evento está pensado para compartir en familia e disfrutar dunha xornada activa na que o deporte sexa protagonista. As inscricións xa están abertas na plataforma Sportmaniacs e para máis información pódese chamar ao teléfono 988 26 00 00.