A Merca pon en marcha a próxima semana o seu Campamento de Nadal

O Concello de A Merca pon en marcha un novo Campamento de Nadal dirixido a facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares e ofrecer unha alternativa de lecer educativo para a infancia do municipio.
A actividade desenvolverase os días 22, 23, 26 e 30 de decembro de 2025 e o 2 de xaneiro de 2026, en horario de 9.30 a 13.30 horas, no Pavillón Municipal. O campamento está pensado para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, con prioridade para os menores empadroados no concello.
Durante estas xornadas, as persoas participantes poderán gozar dun programa variado que inclúe manualidades, música, cociña, xogos e outras propostas adaptadas á súa idade, co obxectivo de fomentar a creatividade, a convivencia e a diversión nun ambiente seguro.