A nova área recreativa de Rante contou cun orzamento de preto de 100.000 euros

Ademáis, a Deputación investirá ao longo deste exercicio un orzamento que ascende a 250.132 euros no Concello de San Cibrao das Viñas
Nova área recreattuva en Rante, San Cibrao das Viñas
17 Xuño 2024

A nova área recreativa  de Rante, en San Cibrao das Viñas, xa está aberta ao público desde esta fin de semana, unha obra na que a Deputación de Ourense investiu preto de 100.000 euros.

Esta colaboración entre a institución provincial e o Concello de San Cibrao das Viñas materializouse a través do Plan CooperOU con dúas axudas de 47.973 e 48.382 destinadas ao parque infantil composto por xogos para menos e nenas e á pista multideporte para fútbol, baloncesto e tenis, respectivamente. Ambas actuacións realizáronse nuns terreos da comunidade de montes, cedidos ao Concello para usos públicos.

A Deputación investirá ao longo deste exercicio un orzamento que ascende aos 250.132 euros no Concello de San Cibrao das Viñas e, “neste traballo a prol do desenvolvemento social e económico dos territorios, sempre atoparán a man tendida desta institución”, asegurou Menor.

Neste sentido, o presidente provincial reivindicou o “gran traballo de xestión” que está a realizar a alcaldesa de San Cibrao de Viñas “dotando a Rante, un dos pobos que máis está a medrar deste municipio, dunha nova infraestrutura que se vén a sumar a gran oferta de ocio que ten San Cibrao para a súa veciñanza”

Luis Menor felicitou ao Concello de San Cibrao “por levar a cabo políticas que fomentan o asentamento de novas familias no municipio ofrecendo os mellores servizos posibles á veciñanza, como esta área recreativa, porque é a maneira para frear o despoboamento e asentar poboación no noso rural”.

0.18172407150269