A o 7 de xaneiro pódese participar no VI Concurso de Decoración de Nadal en San Cibrao das Viñas

A iniciativa premiará as decoracións exteriores máis orixinais e creativas e o gañador recibirá un premio de 250 euros
Decoración-nadal-recurso
26 Dec 2025

San Cibrao das Viñas convocou un ano máis o seu Concurso de Decoración de Nadal para as vivendas do municipio, que este ano celebra a súa sexta edición. Esta iniciativa, xa un clásico nas festas, busca premiar as decoracións exteriores máis orixinais e creativas para encher as rúas de luz e espíritu navideño.

Para participar, só hai que enviar unha ou varias fotografías da decoración exterior ao correo cultura@sancibrao.es. O prazo para presentar as imaxes remata o 7 de xaneiro de 2026 ás 23:59 horas.

Na valoración teranse en conta aspectos como a creatividade, a iluminación, o deseño, os adornos feitos a man e o uso de materiais reciclados, fomentando así a sustentabilidade e a orixinalidade. O gañador recibirá un premio de 250 euros.

⚙ Configurar cookies
0.080641984939575